Golfo de Finlandia
mar / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Golfo de Finlandia (finés: Suomenlahti; estoniano: Soome laht; ruso: Финский залив ; sueco: Finska viken) é o brazo oriental do mar Báltico. Esténdese entre Finlandia (cara ao norte) e Estonia (ao sur) ata San Petersburgo en Rusia, onde o río Nevá o drena. Outras cidades importantes ao redor do golfo inclúen Helsinqui e Tallinn. As partes orientais do Golfo de Finlandia pertencen a Rusia, e algúns dos principais portos petroleiros máis importantes de Rusia están localizados máis aló, preto de San Petersburgo (incluíndo Primorsk). Como a vía marítima a San Petersburgo, o Golfo de Finlandia tivo e segue a ter unha importancia estratéxica considerable para Rusia. Algúns dos problemas ambientais que afectan o Mar Báltico son máis pronunciados neste golfo pouco profundo.
Golfo de Finlandia | |
---|---|
Suomenlahti (fi) - Финский залив (ru) - Finska viken (su) - Soome laht (ee) | |
Localización administrativa | |
Estado | Rusia Finlandia Estonia |
División | Óblast de Leningrado(RUS) San Petersburgo(RUS) Finlandia Meridional (FIN) Condados de Ida-Viru, Lääne-Viru, Harju e Lääne (EST) |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Mar Báltico |
Continente | Europa |
Xeografía | |
Illas interiores | Naissaar (EST) |
Afluentes | Neva (RUS) e Narva e Pirita (EST) |
Cidades ribeiregas | Hanko, Espoo, Helsinqui, Porvoo e Kotka (FIN) Vyborg e San Petersburgo (RUS) Narva, Tallinn (EST) |
Accidentes | |
Golfos e baías | Golfo de Kronstadt e baías de Vyborg, Kopor, Luga e Narva (RUS) |
Características | |
Superficie | 29.500 km² |
Lonxitude máxima | 428 km |
Anchura máxima | 10-120 km |
Profundiade máxima | 121 m |
Profundidade media | 60-100 m |
Outros datos | |
Áreas protexidas | Parque nacional Lahemaa (EST) |
Mapa | |
Localización do golfo de Finlandia | |
Vista satélite | |