From Wikipedia, the free encyclopedia
O golfo de La Spezia (do lígur Gorfo da Spezza) é unha ampla e fonda enseada situada na costa noroeste do mar da Liguria, na rexión italiana do mesmo nome, a poucos quilómetros da fronteira coa Toscana.
Golfo de La Spezia | |
---|---|
Gorfo da Spezza | |
Localización administrativa | |
Estado | Italia |
División | Modelo:Bandera2 |
Subdivisión | La Spezia |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | mar de Liguria |
Arquipélago | Archipiélago Spezzino |
Xeografía | |
Illas interiores | Palmaria • Tino • Tinetto |
Accidentes | |
Cabos | Corvo • Montemarcelo |
Características | |
Superficie | km² |
Profundiade máxima | 46 m |
O golfo é unha profunda fenda
a naotd na que se sitúa a cidade que lle dá Laome, A Spezia, capital da provincia homónima, á cal petecen ascostas do golfo.
Coñecido polo apelativo de «Golfo dos poetas» (Golfo dei poeti), está rodeado por unha cadea de outeiros. Co monte Parodi como cumio, atópase na periferia occidental da cidade. O golfo, cunha boca de 10,2 km de ancho orientada ao sur, esténdese desde o cabo Montemarcelo, no sueste, até a illa Palmaria (e os illotes Tino e Tinetto) no noroeste. A partir desa área comeza o amplo golfo de Xénova.
O golfo ten no seu interior unha ampla zona de abrigo dunhas 150 ha, pechada por un dique externo de 2,21 km. Conta con dous pasos laterais, un ao oeste duns 400 m e outro ao leste de aproximadamente 200 m. Nesa parte o golfo ten unha profundidade de 46 metros e un ancho de 3,2 km.
Nel sitúanse pequenas localidades con portos recreativos: na ribeira oriental, Tellaro, Maralunga, Lerici, San Terenzo e Muggiano; e na occidental, Marola, Fezzano, A Grazie, Terrizo e Portovenere, ao bordo da canle de Illa Palmaria. Pertencen ao conxunto de Cinque Terre, declarado Patrimonio da Humanidade da Unesco.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Golfo de La Spezia |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.