Golfo de Riga
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Golfo de Riga (ou Baía de Riga, en letón Rīgas Jūras līcis, en estoniano Liivi Laht) é unha baía do mar Báltico situada entre Letonia e Estonia.
Datos rápidos Localización administrativa, Estado ...
Golfo de Riga | |
---|---|
Rīgas jūras līcis - Liivi Laht | |
Localización administrativa | |
Estado | Letonia Estonia |
División | Distritos de Limbaži, Riga, Tukums e Talsi (LET) Condados de Lääne, Pärnu e Saare (EST) |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Mar Báltico |
Continente | Europa |
Coordenadas | 57°45′N 23°30′L |
Xeografía | |
Subdivisións | Baía de Pärnu |
Illas interiores | Saaremaa Muhu e Ruhnu (EST) |
Afluentes | Daugava, Pärnu, Lielupe, Gauja e Salaca |
Cidades ribeiregas | Kolka, Mérsrags, Jūrmala, Riga, Saulkrasti e Ainazi (LET) Pärnu e Kuressaare (EST) |
Características | |
Superficie | 18.000 km² |
Lonxitude máxima | 145 km (N-S) |
Anchura máxima | 72-130 km |
Profundiade máxima | 54 m. |
Profundidade media | 26 m. |
Capacidade | 424 km3 (344 000 000 acre⋅ft) |
Mapa | |
Imaxe do Golfo de Riga | |
Localización do golfo de riga | |
Pechar
O Golfo de Riga ten unha área de 18 000 km cadrados. A súa máxima profundidade é de 54 m. A illa de Saaremaa, en Estonia, separa parcialmente o golfo do mar Báltico. A illa de Ruhnu, no medio do golfo, tamén pertence a Estonia. A conexión principal entre o golfo e o mar Báltico é o estreito de Irbe. O Golfo de Riga, como subconca do Báltico, tamén inclúe o mar de Väinameri no arquipélago occidental de Estonia.
Salientan algunhas cidades do golfo como Riga e Pärnu. Os ríos principais do golfo son o Daugava, o Lielupe, o Gauja e o Salaca.