Gramática formal
estrutura dunha linguaxe formal / From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha gramática formal é unha estrutura matemática cun conxunto de regras de formación que definen as cadeas de caracteres admisibles nunha determinada linguaxe formal ou linguaxe natural. As gramáticas formais aparecen en varios contextos diferentes: a lóxica matemática, as ciencias da computación e a lingüística teórica, a miúdo con métodos e intereses diverxentes.
Nunha linguaxe formal, s cadeas formadas segundo as regras da gramática formal chámanse fórmulas ben formadas, e o conxunto de tódalas fórmulas ben formadas constitúe unha linguaxe formal. Unha gramática formal non describe o significado das fórmulas ben formadas, senón soamente a súa forma. A teoría das linguaxes formais estuda as gramáticas formais e as linguaxes formais, e é unha póla da matemática aplicada. As súas aplicacións atópanse na ciencia computacional teórica, a lingüística, a semántica formal, a lóxica matemática e outras áreas.