Lingüística diacrónica
From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingüística diacrónica, tamén chamada lingüística histórica ou glotoloxía, é a disciplina lingüística que estuda o cambio das linguas co tempo e o proceso de cambio lingüístico. Polo tanto, a lingüística diacrónica ocupa un lugar destacado no estudo da evolución das linguas e a súa relación ou parentesco xenético.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2020.) |
Os resultados da lingüística diacrónica poden ser frecuentemente comparados cos doutras disciplinas como a historia, a arqueoloxía ou a xenética. Nos estudos interdisciplinares deste tipo o que se pretende é reconstruí-la cronoloxía relativa de contactos entre pobos, rutas de expansión e influencias culturais mutuas.
O nome lingüística comparada, ou gramática comparada, refírese propiamente a unha das técnicas principais da lingüística histórica.