Gran Canón
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Canón (the Grand Canyon) é unha vistosa e escarpada garganta escavada polo río Colorado no norte de Arizona, Estados Unidos. O Canón está considerado como unha das marabillas naturais do mundo e está situado no seu maior parte dentro do Parque Nacional do Gran Canón (un dos primeiros Parques Naturais dos Estados Unidos). O presidente Theodore Roosevelt foi o maior promotor da área do Gran Canón, visitándoo en numerosas ocasións para cazar pumas ou para gozar da impresionante paisaxe.
O canón foi creado polo río Colorado, cuxa canle socavou o terreo durante millóns de anos. Ten uns 446 km de lonxitude, conta con cordilleiras de entre 6 a 29 km de anchura e alcanza profundidades de máis de 1.600 m. Preto de 2.000 millóns de anos da historia da Terra quedaron expostos mentres o río Colorado e os seus tributarios cortaban capa tras capa de sedimento ao mesmo tempo que a meseta do Colorado elevábase.