Gran Premio de Fórmula 1
cada un dos eventos que compoñen o Campionato Mundial de Fórmula 1 / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un Gran Premio de Fórmula 1, (tamén chamados Grand Prix ou, na escrita, GP) é, na actualidade, cada un dos eventos que compoñen o Campionato Mundial de Fórmula 1.
Desenvólvese durante tres días (normalmente de venres a domingo), cunha serie de sesións de adestramentos e cualificacións antes da carreira do domingo. A normativa vixente prevé dous adestramentos libres o venres, o sábado celébrase un adestramento matinal e a clasificación pola tarde, e a carreira celébrase o domingo pola tarde ou noite, aínda que a estrutura da fin de semana cambiou numerosas veces ao longo da historia do deporte. Historicamente, o Gran Premio de Mónaco celebrou os adestramentos o xoves en lugar do venres (ata 2021 incluído), o calendario completo de Las Vegas (desde o seu evento inaugural en 2023), Bahrain e Arabia Saudita (só en 2024) adiántanse un día. Na maioría dos fins de semana de carreiras da Fórmula 1, celebránse outros eventos como carreiras doutras series da Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), como a Fórmula 2 ou a Fórmula 3.