Gregorio Fernández
artista español / From Wikipedia, the free encyclopedia
Gregorio Fernández, nado en Sarria en abril de 1576 e finado en Valladolid o 22 de xaneiro de 1636, foi un escultor galego, considerado pola crítica como o máximo expoñente da Escola de Valladolid. Nesa cidade formou un importante obradoiro con varios aprendices e colaboradores. Traballou por todo o norte de España: Castela e León, Estremadura, Galiza, Asturias e o País Vasco, chegando mesmo até o Portugal setentrional.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | abril de 1576 Sarria |
Morte | 22 de xaneiro de 1636 (59 anos) Valladolid |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Campo de traballo | Escultura barroca, escultura, estatua e arte cristã (pt) |
Ocupación | escultor , arquitecto |
Movemento | Barroco |
Alumnos | Francisco Fermín (pt) |
Lingua | Lingua castelá |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | María Pérez |
Fillos | Gregorio e Damiana |
Herdou a expresividade de Alonso Berruguete e Juan de Juni, e tamén soubo reunir a estas influencias o clasicismo de Pompeo Leoni e Juan de Arfe, de xeito que o seu estilo liberouse do Maneirismo imperante na súa época até se converter nun dos representantes por excelencia do Barroco hispánico.
A colección máis importante da súa obra atópase no Museo Nacional de Escultura, en Valladolid. Fernández traballou amplamente para as confrarías valisoletanas, e o museo cede, como un feito museístico excepcional, importantes pezas dos seus fondos ás confrarías durante a celebración da Semana Santa.
É citado ás veces como Gregorio Hernández, mais esta é unha forma castelanizada do seu apelido, que hoxe é moi raro ver en tratados e obras referidas ao mundo artístico.