Acetil
From Wikipedia, the free encyclopedia
En química orgánica, o acetil[4][5] ou acetilo[6][7][8][9] (tamén etanoíl) é un grupo funcional coa fórmula COCH3. Como prefixo utilízase acetil[10], ás veces representado co símbolo Ac[11] (que non hai que confundir co elemento actinio). O grupo acetilo consta dun metilo unido por enlace simple a un carbonilo. O centro carbonilo do radical acetilo ten un electrón non enlazado que forma o enlace químico co resto da molécula R. O grupo acetilo é compoñente de moitos compostos orgánicos, como o neurotransmisor acetilcolina, acetil-CoA, acetilcisteína, e os analxésicos acetaminofén e ácido acetilsalicílico (aspirina).
Datos rápidos Identificadores, Propiedades ...
Acetil | |
---|---|
Metiloxidocarbono(•)[3] (aditivo) | |
Identificadores | |
Abreviaturas | Ac |
Número CAS | 3170-69-2 |
PubChem | 137849 |
ChemSpider | 121499 |
ChEBI | CHEBI:46887 |
Referencia Beilstein | 1697938 |
Referencia Gmelin | 786 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C2H3O |
Masa molar | 43,04 g mol−1 |
Termoquímica | |
Entalpía estándar de formación ΔfH |
−15 a −9 kJ mol−1 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
Pechar