Grupo de Estudios sobre a Condición da Muller Alecrín
Asociación feminista galega (1985-2009) / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Grupo de Estudios Sobre a Condición da Muller Alecrín foi unha asociación sen ánimo de lucro feminista viguesa, constituída en 1985 co fin de promover a total incorporación das mulleres nos ámbitos social, económico, político e cultural e de eliminar obstáculos que impedisen ou limitasen a súa plena integración. Xestionou varios centros e servizos de atención ás mulleres en Vigo e Santiago de Compostela e anualmente entregaba os Premios Alecrín-Alacrán. Disolveuse en abril de 2009.
Datos rápidos Tipo, Campo de traballo ...
Grupo de Estudios sobre a Condición da Muller Alecrín | |
---|---|
Tipo | organización e asociación |
Campo de traballo | feminismo |
Data de fundación | 1985 |
En | Vigo |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar