Guía de Isora
Municipio da illa de Tenerife, España / From Wikipedia, the free encyclopedia
Guía de Isora, tamén coñecido na illa simplemente como Guía, é un municipio español pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife (Canarias). Está situado no suroeste da illa de Tenerife.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Illas Canarias | ||||
Provincia | Provincia de Santa Cruz de Tenerife | ||||
Illa volcánica | Tenerife | ||||
Capital | Guía de Isora | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 22.301 (2023) (155,52 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 143,4 km² | ||||
Altitude | 540 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Pedro Manuel Martín Domínguez (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 38680 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 922 | ||||
Código INE | 38019 | ||||
Páxina web | guiadeisora.es |
Ao sueste atopamos o Barranco de Erques que separa ao municipio de Adeje. Polo leste limita co occidente do Parque Nacional do Teide, finalmente limita con Santiago del Teide polo norte.
Está constituído por 17 núcleos urbanos. A capital municipal está localizada a 580 m de altura e atópase nas medianías. Na zona alta destacan as poboacións de Vera de Erques, Tejina, Acojeja, El Pozo, El Jaral, Chirche, Aripe, Chiguergue e Chío. Na zona costeira atópanse os núcleos de poboación de Piedra Hincada, Agua Dulce, Playa San Juan, Fonsalía, Alcalá e Cueva del Polvo.