Gueto de Varsovia
gueto xudeu en Polonia durante na Segunda Guerra Mundial / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gueto de Varsovia (Getto warszawskie, en polaco; Warschauer Ghetto, en alemán) foi o gueto xudeu máis grande establecido pola Alemaña Nazi en Polonia durante o Holocausto, na segunda guerra mundial. Durante os tres anos da súa existencia, a fame, as enfermidades e as deportacións a campos de concentración e de exterminio minguaron a súa poboación dun total estimado en 400.000[1] a 50.000 habitantes. Neste gueto desenvolveuse o levantamento do Gueto de Varsovia, unha das primeiras revoltas masivas contra a ocupación nazi en Europa.