Guión (signo de puntuación)
From Wikipedia, the free encyclopedia
O guión (-) ou trazo[1][2] é un signo ortográfico auxiliar empregado para:
- indicar, ao final de liña dun texto, que a última palabra fica incompleta por falta de espazo, tendo que se continuar a escribir na liña seguinte;
- unir dúas partes dunha palabra composta;
- introducir un texto falado nun diálogo;
- dividir as sílabas dunha palabra cando se fai unha división silábica.
- separar opcionalmente na escrita a segunda forma do artigo cando esta se desenvolve tras verbos rematados en -r ou -s (vou come-lo caldo), despois dos pronomes átonos enclíticos "nos", "vos" e "lles" (deulle-los libros) e dos pronomes tónicos "nós" e "vós" (vó-los dous). Neste caso o seu uso só é obrigatorio tralo adverbio "u" (u-lo neno?).
- |
---|
Guión |
Signos ortográficos |
punto ( . ) coma ( , ) |
Outros signos auxiliares |
antilambda ( < > ) antígrafo ( ¶ ) |
Os guións longos (máis correctamente, raias) empréganse para separar as oracións incidentais máis necesarias cás encerradas entre parénteses; noutras palabras, serven para intercalar, sendo colocados antes e despois, un inciso no fluír do argumento.