Gästrikland
From Wikipedia, the free encyclopedia
Gästrikland é unha provincia histórica de Suecia (landskap) no sur da rexión de Norrland. Limita ao leste co golfo de Botnia, ao sueste con Uppland, ao sur con Västmanland, ao oeste con Dalarna e ao norte con Hälsingland.
Símbolo oficial | Convallaria majalis (flores provinciais en Suecia) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Gävleborg | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 157.200 (2020) (37,3 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 4.215 km² | ||||
A princesa Madeleine ostenta o título de duquesa de Gästrikland, tamén de Hälsingland. A meirande parte do landskap inclúese, xunto coa meirande parte de Hälsingland e unha pequena parte do norte de Dalarna, no condado de Gävleborg. Unha pequena parte ao sueste da provincia pertence ao concello de Tierps, no condado de Uppsala, e un anaco pequeno no noroeste do concello de Heby, no mesmo condado, pertence a Gästrikland. Os municipios do landskap de Gästrikland son Gävle, Sandviken, Hofors e case todo o concello de Ockelbo. Gästrikland pertencía a Svealand antes da introdución dos condados no ano 1634.