![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/dc/H%25C3%25A9ctor_Castro_%25281928%2529.jpg/640px-H%25C3%25A9ctor_Castro_%25281928%2529.jpg&w=640&q=50)
Héctor Castro
futbolista uruguaio / From Wikipedia, the free encyclopedia
Héctor Castro, nado en Montevideo o 29 de novembro de 1904 e finado na mesma cidade o 15 de setembro de 1960, foi un futbolista e adestrador uruguaio, de orixe galega. Histórico dianteiro do Nacional de Montevideo, aos trece anos cortou accidentalmente o antebrazo dereito cunha serra eléctrica, polo que era coñecido como o Manco Castro e O divino manco. Foi un dos máximos goleadores da historia do club uruguaio, co que gañou tres veces o campionato de Primeira División.
Héctor Castro | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Héctor Castro | ||
Nacemento | 29 de novembro de 1904 | ||
Lugar de nacemento | Montevideo | ||
Falecemento | 15 de setembro de 1960 | ||
Lugar de falecemento | Montevideo | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1921–1923 | Lito | ||
1924–1932 | Nacional | ||
1932–1933 | Estudiantes | 31 | (9) |
1933–1936 | Nacional | 231[1][2] | (146[1]) |
Selección nacional | |||
1926–1935 | Uruguai | 23 | (15) |
Adestrador | |||
1939–1945 | Nacional | ||
1943–1944 | Uruguai | ||
1947 | Rampla Juniors | ||
1952 | Nacional | ||
1959 | Uruguai | ||
Na rede | |||
![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Foi internacional coa selección uruguaia, coa que debutou na Copa América de 1926, saíndo campión. Gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1928 e en 1930 disputou a primeira edición da Copa do Mundo, sendo o primeiro uruguaio en marcar un gol. Anotou tamén un dos catro goles uruguaios na final contra a Arxentina, proclamándose campión do mundo.
Tivo unha destacada carreira como adestrador do Nacional, levándoo a gañar seis veces o campionato uruguaio, cinco delas de xeito consecutivo no chamado Quinquenio de Ouro entre 1939 e 1943. Durante esta época estableceu varias marcas que continúan vixentes, como as 32 vitorias consecutivas na Primeira División ou as 10 vitorias consecutivas no Clásico contra Peñarol.