Hércules (mitoloxía)
nome romano do heroe da mitoloxía grega Heracles / From Wikipedia, the free encyclopedia
Hércules era o nome na mitoloxía romana do heroe da mitoloxía grega Heracles, sendo unha metátese do nome grego. Era fillo de Xúpiter, o equivalente romano do deus grego Zeus, e a mortal Alcmena.
Para as lendas gregas de Hércules véxase: Heracles.
Datos rápidos Familia, Parella ...
Pechar
Os romanos adoptaron a versión grega da súa vida e traballos sen cambios esenciais, pero engadiron detalles anecdóticos propios, algúns deles relacionando ao heroe coa xeografía do mar Mediterráneo occidental. Os detalles do seu culto tamén foron adaptados na Península Ibérica.