Hadrián VI, papa
papa entre 1522 e 1523 / From Wikipedia, the free encyclopedia
Hadrián VI, nado co nome de Adriaan Florenszoon Boeyens, tamén coñecido como Adriano de Utrecht, nado en Utrecht (daquela pertencente ao Sacro Imperio Romano Xermánico) o 2 de marzo de 1459 e finado en Roma o 14 de setembro de 1523, foi papa da Igrexa católica entre o 9 de xaneiro de 1522 e o 14 de setembro de 1523.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
(1625, Centraal Museum (pt) ) | |
Nome orixinal | (la) Hadrianus PP. VI |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (nl) Adriaan Florenszoon Boeyens d'Edel 2 de marzo de 1459 Utrecht (Sacro Imperio Romano Xermánico) |
Morte | 14 de setembro de 1523 (64 anos) Roma (Estados Pontificios) |
Lugar de sepultura | Santa Maria dell'Anima (pt) |
218º Papa | |
19 de xaneiro de 1522 – 14 de setembro de 1523 ← León X, papa – Clemente VII → | |
Inquisidor xeral de Castela | |
14 de marzo de 1518 – 4 de agosto de 1522 (Conclave de 1521–1522 (pt) ) – Alfonso Manrique de Lara y Solís (pt) → | |
Cardeal presbítero São João e São Paulo (pt) | |
1 de xullo de 1517 – 4 de agosto de 1522 (Conclave de 1521–1522 (pt) ) | |
Inquisidor xeral de Aragón | |
14 de novembro de 1516 – 14 de marzo de 1518 | |
Bispo de Tortosa | |
18 de agosto de 1516 – 9 de xaneiro de 1522 ← Luis Mercader Escolano (en) – Willem van Enckenvoirt (pt) → Diocese: Diocese de Tortosa (pt) | |
Bispo católico | |
Rexente Coroa de Castela | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Sacro Imperio Romano Xermánico Estados Pontificios |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Old University of Leuven (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
Ocupación | sacerdote católico (1490 (Gregoriano)–), filósofo , teólogo , profesor universitario , Papa |
Empregador | Universities in Leuven (en) |
Alumnos | Bernard Bucho van Aytta (en) |
Lingua | Lingua alemá |
Consagración | Diego Ribera de Toledo (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Lonxe da avidez, as manobras e a longa espera de anteriores aspirantes ao trono de San Pedro no afán por acadalo, Hadrián mostrouse indiferente ao cargo, non fixo nada por acadalo e, mergullado como estaba nas intricadas tarefas da rexencia de España, nin sequera asistiu ao conclave no que foi designado. De todos modos, a súa aparente desidia por erixirse na máxima autoridade da igrexa católica estaba plenamente compensada co interese do seu egrexio discípulo, o emperador Carlos V, que premeu canto foi necesario para lograr a chegada ao solio pontificio do seu antigo preceptor.