actriz británica From Wikipedia, the free encyclopedia
Helen Elizabeth McCrory, nada en Londres o 17 de agosto de 1968 e finada ibídem o 16 de abril de 2021, foi unha actriz inglesa. Logo de estudar no Drama Centre London, fixo o seu debut no teatro en The Importance of Being Earnest en 1990. Outros papeis salientables no teatro inclúen a Lady Macbeth en Macbeth en Shakespeare's Globe, Olivia en Twelfth Night e Rosalind en As You Like It en West End.
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Helen Elizabeth McCrory 17 de agosto de 1968 Londres (Reino Unido) |
Morte | 16 de abril de 2021 (52 anos) Londres (Reino Unido) |
Causa da morte | cancro de mama |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Educación | Drama Centre London Queenswood School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación e beneficência (pt) |
Ocupación | actriz , actriz de teatro , actriz de cinema |
Período de actividade | 1990 - 2021 |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | Damian Lewis (2007–2021) |
Fillos | Manon Lewis (pt) , Gulliver Lewis (pt) |
Premios
| |
|
McCrory interpretou o papel de Cherie Blair en The Queen (2006) e The Special Relationship (2010). Tamén interpretou a Françoise no filme Charlotte Gray (2001), Narcissa Malfoy nos tres últimos títulos da serie de filmes de Harry Potter, Mama Jeanne en Hugo (2011) de Martin Scorsese, Clair Dowar en Skyfall (2012), Polly Gray en Peaky Blinders (2013–2019), Emma Banville en Fearless (2017) e Kathryn Villiers en MotherFatherSon (2019).
McCrory morreu de cancro no seu fogar en Londres o 16 de abril de 2021, con 52 anos.[1][2] No anuncio da súa morte a través de Twitter, o seu marido Damian Lewis declarou que ela morreu "tranquila na casa, rodeada dunha onda de amor de amigos e familiares".[3][4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.