From Wikipedia, the free encyclopedia
Hemartros ou hemartrose é a presenza de sangue no interior do espazo articular. As articulacións máis afectas son a articulación do xeonllo e a do cadril.
Polo xeral a causa principal é un traumatismo que fai que sangue a articulación, mais tamén se poden presentar de xeito espontáneo ou após un pequeno traumatismo nun paciente con certa predisposición á hemorraxia, como por exemplo os doentes que están a ser tratados con anticoagulantes orais como acenocumarol (Sintrom ou Sinthrome®) ou warfarina. Tamén é posíbel que exista hemartrose en pacientes doentes de hemofilia.
Cando se trata dun hemartros do xeonllo pode estar asociado a unha artroplastia desta articulacion[1].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.