From Wikipedia, the free encyclopedia
Henrique V, nado o 11 de agosto de 1086 en Goslar, Saxonia e finado en Utrecht o 23 de maio de 1125, foi emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico entre 1111 e 1125.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de agosto de 1086 Goslar |
Morte | 23 de maio de 1125 (38 anos) Utrecht |
Lugar de sepultura | St. Martin's Cathedral, Utrecht (en) Catedral de Speyer (pt) |
Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico | |
13 de abril de 1111 – 23 de maio de 1125 ← Henrique IV do Sacro Imperio Romano Xermánico – Lotario II do Sacro Imperio → | |
Rei dos Romanos | |
1099 (Gregoriano) – 1125 (Gregoriano) ← Henrique IV do Sacro Imperio Romano Xermánico – Lotario II do Sacro Imperio → | |
Rei de Italia | |
1098 (Gregoriano) – 1125 (Gregoriano) ← Conrado II de Italia – Conrado III → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Sacro Imperio Romano Xermánico |
Actividade | |
Ocupación | mecenas , monarca |
Outro | |
Título | Duque |
Familia | Dinastía salia |
Cónxuxe | Matilde de Inglaterra (1114 (Gregoriano), 1114 (Gregoriano)–1125 (Gregoriano)) |
Pais | Henrique IV do Sacro Imperio Romano Xermánico e Berta de Savoia |
Irmáns | Conrado II de Italia e Inês da Alemanha (pt) |
Era fillo do emperador Henrique IV e de Berta de Savoia.
Foi o cuarto e último emperador da Dinastía salia.
Foi asociado como rei polo seu pai en 1099. Forzou ao seu pai a abdicar a través da Dieta de Maguncia en 1105. Foi elixido emperador en 1111.
Morreu de cancro menos dun mes antes de cumprir os 39 anos.
Do mesmo modo que o seu avó Henrique III e seu pai Henrique IV, Henrique V proseguiu as pretensións sobre o Reino de Hungría de mantelo como un Estado vasalo, igual como o facía co Principado de Bohemia (posteriormente Reino de Bohemia a partir de 1212).
Deste xeito Henrique V invadiu Hungría en 1108 apoiando ao príncipe Álmos, irmán máis vello do rei Colomán o Bibliófilo. Álmos desexaba ser coroado rei húngaro e estaba preocupado pola coroación do moi xove Estevo, fillo de Colomán en 1105. Aínda que Álmos pedira anteriormente asistencia ao emperador Henrique IV, este non puidera entregalle os seus exércitos por conflitos con Bohemia, Henrique V si accedeu. A cambio, Álmos lle ofrecrea a vasalaxe de Hungría a Henrique V despois de que houbera sido coroado.
O emperador xermánico sitiou a cidade húngara de Bratislava e Colomán solicitou a axuda de Boleslao III, o duque de Polonia, quen atacou Bohemia, parte dos dominios de Henrique V. En novembro dese ano asirnaron a paz e Colomán permitiu que Álmos regresara á corte húngara, pero non restaurou o ducado de Nitra.
Logo da morte do rei Colomán o Bibliófilo, seu fillo Estevo II de Hungría ocupou o trono en 1116. Así, non só herdaría a coroa húngara, senón tamén a situación tensa que existía entre o emperador Henrique V e o seu pai. Estevo II mantivo a mesma posición que seu pai durante a querela das investiduras, apoiando ao papado e enfrontado ao Sacro Imperio Romano Xermánico. Neste mesmo ano, o exército húngaro sufriu unha terríbel derrota xunto á cidade de Zadar contra a alianza militar composta polas forzas xermánicas de Henrique V, os exércitos venecianos e as tropas bizantinas. Isto motivaríao a asirnar a paz coa República de Venecia en 1118 e ao ataque do margraviado de Austria, contra o marqués Leopoldo III. Dito ataque resultou vitorioso e, tras este, Estevo II regresou a Hungría e acabaría coa ameaza xermánica sobre Hungría.
Seu pai, Henrique IV, conducira unha longa campaña contra o papado, onde ambos os poderes rivalizaban: a Querela das Investiduras.
Henrique V, nun primeiro momento apoiou ao papado e aos príncipes alemáns fronte ao seu pai por temor a quedar excluído da sucesión pero, xa no trono, tratou de manter a política levada polo seu pai, e continuou así a querela entre el e o papa Pascual II. Obrigou ao papa a que lle recoñecese a potestade de outorgar investiduras pero, un ano máis tarde (en 1112) o papa excomumgouno.
Henrique V, desde ese momento, tivo que enfrontarse tamén cos príncipes saxons e turinxios. En 1118 o emperador fixo nomear o antipapa Gregorio VIII, pero como non contaba con apoios suficientes, firmou co papa Calisto II o Concordato de Worms en 1122, polo que se aceptou como fórmula de compromiso diferenciar a investidura de carácter laico da canónica.
En 1114 Henrique V casara coa princesa Matilde, filla do rei Henrique I de Inglaterra. Non tiveron fillos.
Predecesor: Conrado II de Italia |
Rei de romanos 1098 - 1111 |
Sucesor: Lotario II (contra Conrado III) |
Predecesor: Henrique IV |
Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico 1111 - 1125 |
Sucesor: Lotario II |
Predecesor: Conrado II de Italia |
Rei de Italia 1098 - 1125 |
Sucesor: Lotario II |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Henrique V, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.