filósofo estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Henry David Thoreau, nado en Concord, Massachusetts, o 12 de xullo de 1817 e finado en Concord o 6 de maio de 1862, foi un escritor, trascendentalista, e filósofo anarquista estadounidense famoso por Walden e mais polo seu tratado Civil disobedience.
Thoreau foi agrimensor, naturalista, conferenciante e fabricante de lapis. Ademais de ser un dos pais fundadores da literatura norteamericana, hoxe en día é considerado un pioneiro da ecoloxía e da ética medioambientalista. É tamén o conceptualizador das prácticas de desobediencia civil.
Thoreau quixo experimentar a vida na natureza, polo que desde o 4 de xullo de 1845 viviu dous anos nunha fraga preto de Walden Pond, non lonxe da súa familia e amigos en Concord (como Ralph Waldo Emerson). Abandonou a súa cabana o 6 de setembro de 1847 para vivir coa súa familia. Walden, que relata a súa vida na fraga, foi publicada en 1854.
En 1846 negouse a pagar impostos debido á súa oposición á guerra contra México e á escravitude nos Estados Unidos, polo que foi condenado a prisión durante uns días. Deste feito naceu o seu tratado Civil desobedience. Neste texto declárase un dos conceptos principais da súa ideoloxía: a idea de que o goberno non debe ter máis poder que o que os cidadáns estean dispostos a concederlle, chegando a tal punto que propón a abolición de todo goberno, unha ética contraria á capitalista e burguesa, declarándose inimigo do estado. Considerado por algúns como o primeiro ecoloxista, o seu ensaio foi influente en Tolstoi e en Gandhi.
Nas ciencias naturais o seu prestixio é aínda apreciable. Edward O. Wilson comeza os seus libros sobre The future of life (2002) cunha carta dirixida a Thoreau. A súa obra e exemplo manteñen aínda unha forte influencia nos movementos en defensa dos dereitos civís (o propio Martin Luther King expresou abertamente a súa admiración), o pacifismo e o ambientalismo. En 1960 unha efixie de Thoreau entrou no Panteón dos Heroes Norteamericanos da Universidade de Nova York, xunto a George Washington, Benjamin Franklin, Abraham Lincoln, Thomas Edison e Emerson. En 1998, o presidente dos Estados Unidos propúxoo como modelo das mellores prácticas cidadás e afirmou a superioridade moral da desobediencia civil sobre a violencia.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Henry David Thoreau |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Henry David Thoreau |
A Galicitas posúe citas sobre: Henry David Thoreau |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.