Herpéstidos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os herpéstidos (Herpestidae), chamados a maioría deles mangostas, son unha familia de pequenos mamíferos carnívoros feliformes, dos que hai 14 xéneros e 34 especies,[2] nativos do sur de Eurasia e da parte continental de África. Ningún vive en Galicia, aínda que no sur da Península Ibérica foi introducida desde tempos antigos a mangosta exipcia (Herpestes ichneumon).[3]
Mangostas[1] Rango fósil: Oligoceno-Actual | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Arriba á esquerda: Suricata suricatta Arriba á dereita: Cynictis penicillata | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||
| |||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||
|
Tamén pertencen a esta familia as especies xeralmente chamadas suricatas (Suricata suricatta), mangostas ananas e cusimanses (xéneros Helogale e Crossarchus). Ao contrario, as seis especies de "mangostas" da illa de Madagascar, hoxe na familia Eupleridae, que inicialmente foran clasificadas dentro da familia Herpestidae, están máis relacionadas segundo as probas xenéticas con outros carnívoros de Madagascar da familia Eupleridae, polo que desde 2006 se lles asignou unha subfamilia Galidiinae dentro de Eupleridae e fóra de Herpestidae.
Os Herpestidae están clasificados na suborde Feliformia, xunto coas familias dos gatos, hienas e civetas.