Girolamo Fabrizi d'Acquapendente, (en latín, Hieronymus Fabricius; en galego, Xerome Fabricio), nado en Acquapendente en 1537 e finado o 21 de maio de 1619, foi un destacado anatomista italiano.
Nome orixinal | (it) Girolamo Fabrici d'Acquapendente |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 20 de maio de 1533 Acquapendente (pt) |
Morte | 21 de maio de 1619 (86 anos) Padua |
Datos persoais | |
Residencia | Italia |
País de nacionalidade | Italia |
Educación | Universidade de Padua |
Actividade | |
Campo de traballo | Anatomía |
Ocupación | cirurxián , profesor universitario , anatomista |
Empregador | Universidade de Padua |
Profesores | Gabriele Falloppio |
Alumnos | William Harvey, Emilio Parisano (pt) , Salomon Alberti (pt) e Thomas Fincke (pt) |
Lingua | Lingua latina |
Obra | |
Doutorando | William Harvey e Adrianus Spigelius (pt) |
Traxectoria
Biografía académica
Fabricio estudou en Padua, onde terminou ocupando a cátedra de cirurxía até entón nas mans do seu antigo profesor Gabriele Falloppio (1523-1562). O seu alumno máis soado será William Harvey (1578-1657), con quen lle unirá unha longa amizade e ao que axudará considerablemente nos seus traballos sobre a circulación sanguínea.
Labor
Fabricio foi o primeiro en aplicar exhaustivamente o método de Vesalio da observación directa ao estudo dos embrións. Así mesmo, foi pioneiro na publicación de ilustracións baseadas no estudo sistemático do desenvolvemento do pito.
Grazas á disección de animais, Fabricius investigou a formación do feto, a estrutura do esófago, o estómago e o intestino, así como as particularidades do ollo, o oído e a larinxe. A súa principal achega foi o descubrimento das válvulas membranosas no interior das veas.
Fabricio estudou a embrioxénese de varios vertebrados, facendo especial énfase na anatomía dos embrións máis que nos procesos de desenvolvemento. A bolsa de Fabricio das aves (órgano inmunitario e hematopoético) recibe ese nome no seu honor. A súa visión da nova embrioloxía está presente na influencia que exerceu sobre William Harvey.
Bibliografía
Os seus escritos de anatomía e fisioloxía foron reunidos baixo o título de Opera omnia anotomica et phisiologica e os seus tratados de cirurxía na súa Opera chirurgica(1617).
Notas
- William A. Locy (1925). The Story of Biology. Columbia University Press : xiv 495 p.
- Oppenheimer, J. (1967) Essays in the history of biology and embryology, M.I.T. Press.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Obra de Fabricius (en francés)
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.