Eusko Abendaren Ereserkia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Eusko Abendaren Ereserkia (literalmente Himno da etnia vasca en éuscaro) é o himno nacional do País Vasco, unha melodía popular e anónima que antigamente se adoitaba interpretar no comezo dos bailes como saúdo á ikurriña.[1]
Datos rápidos Himno de, Letra ...
Eusko Abendaren Ereserkia | |
---|---|
En galego: Himno do País Vasco | |
Himno de | País Vasco |
Letra | Sabino Arana |
Música | Canción tradicional |
Adoptado | Década de 1930 |
Mostra da música | |
Pechar
O 14 de abril de 1983 o Parlamento Vasco adoptou esta melodía, sen a letra, como himno nacional do País Vasco tentando que non tivera ningún carácter partidista. Esta adopción non estivo exenta de certa polémica ao haber un movemento númeroso de xente que apostaba pola canción de José María Iparraguirre Gernikako arbola, en galego “a árbore de Gernika”.
Esta mesma melodía foi adoptada polo primeiro Goberno Vasco de 1936 que estivo formado por PNV, PSOE, Partido Republicano, ANV e o Partido Comunista.