Marcha Real
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Marcha Real, oficialmente Marcha Real Española, son as denominacións tradicionais, xunto coa de Marcha Granadera[nota 1] —ou antigamente, Marcha de Granaderos—, que recibe o himno nacional de España.
|
Aínda que o rei Carlos III declarouna «Marcha de Honra» o 3 de setembro de 1770 foi a costume popular de cantala o que a converteu de facto no himno nacional, con anterioridade a que se declarara como tal de maneira legal. A denominación de «Marcha Real» foi unha expresión usada de maneira popular porque adoitaba ser interpretada nos actos públicos aos que asistía o rei ou a raíña.
A Marcha Real foi o himno de España dende o século XVIII, excepto durante o Trienio Liberal (1820-1823) e a Segunda República (1931-1939), períodos nos que se usou o Himno de Riego. Restableceuse a súa oficialidade durante a guerra civil na zona sublevada polo decreto do 27 de febreiro de 1937, ratificado no Boletín Oficial del Estado unha vez finalizada a contenda o 17 de xullo de 1942.[2] A regulación máis precisa realizouse no Real Decreto 1560/1997,[3] do 10 de outubro de 1997, ano da adquisición plena dos dereitos de autoría da armonización realizada por Bartolomé Pérez Casas e revisada por Francisco Grau, director de banda da Garda Real, quen cedeu gratuitamente os seus dereitos.