Himnos homéricos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Himnos homéricos son unha colección de trinta e catro (ou trinta e dous, segundo se conte) breves poemas épicos gregos. Hoxe estímase que o máis antigos dos himnos, o de Demeter, se remonta á época de Hesíodo.
Cada himno está dedicado a un deus, e destinábase a ser cantado polo aedo en forma de preludio ou proemio (do grego antigo προοίμιον prooímion), antes de pasar a unha obra máis longa. Os Himnos homéricos varían no seu obxecto, o seu tamaño (de cinco a cincocentos cincuenta versos), a súa época de redacción (entre o século -VII e o IV): poucas son as cousas que teñen en común os poemas desta colección
O epíteto de « homérico », que lles outorgan, só se debe á súa métrica común, o hexámetro dactílico, verso da epopea. Entre os factores de homoxeneidade entre estas obras, atopamos igualmente certas fórmulas idénticas, anunciando que despois do Himno homérico ía seguir outro poema: …Saúde a ti, e heite cantar noutro himno.