Hipocampo (lúa)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Hipocampo, antes coñecido como S/2004 N 1 é unha lúa pequena de Neptuno que foi descuberta no ano 2013.[3] A lúa é tan pequena que non foi detectada pola sonda Voyager 2 no seu sobrevoo do sistema de Neptuno no ano 1989.[4] O seu descubridor foi Mark Showalter do instituto SETI, en xullo de 2013, cando analizaba unhas fotografías de Neptuno tomadas polo Telescopio Espacial Hubble entre os anos 2004 e 2009.[5] Hipocampo completa unha volta a Neptuno cada 22 horas e 28,1 minutos.[1]
Datos rápidos Descubrimento, Descuberta por ...
Composición de imaxes feita polo Telescopio Espacial Hubble no ano 2009, que amosa a Neptuno e a Hipocampo. Tamén amosa algúns aneis do planeta. O brillo das lúas está realzado. | |
Descubrimento | |
---|---|
Descuberta por | M. Showalter e colaboradores. |
Descuberta en | 01-07-2013 |
Características orbitais[1] | |
Eixo semi-maior | 104 200 km[note 1] |
Excentricidade | ~ 0,000[Cómpre referencia] |
Período orbital | 0,9362 d[1] |
Inclinación | ~ 0,0° (respecto do ecuador de Neptuno) ~ 0,0° (respecto do plano local de Laplace)[Cómpre referencia] |
É un satélite de | Neptuno |
Características físicas | |
Radio medio | 17 km[2] |
Albedo | baixo, asumido |
Magnitude aparente | 26,5[1] |
Pechar