Historia da tecnoloxía
é a historia da invención de ferramentas e técnicas cun propósito práctico / From Wikipedia, the free encyclopedia
A historia da tecnoloxía é a historia da invención de ferramentas e técnicas cun propósito práctico. A historia moderna está relacionada intimamente coa historia da ciencia, pois o descubrimento de novos coñecementos permitiu crear novas cousas e, reciprocamente, puidéronse realizar novos descubrimentos científicos grazas ao desenvolvemento de novas tecnoloxías, que estenderon as posibilidades de experimentación e adquisición do coñecemento.
Os artefactos tecnolóxicos son produtos dunha economía, unha forza do crecemento económico e unha boa parte da vida. As innovacións tecnolóxicas afectan e están afectadas polas tradicións culturais da sociedade. Tamén son un medio de obter poder militar.