Homínidos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os homínidos son os membros da familia taxonómica Hominidae (os "grandes simios"). Das especies actualmente presentes inclúe a:
- os humanos, con 1 especie viva
- os chimpancés, con 2 especies vivas
- os gorilas, con 2 especies vivas
- os orangutáns, con 2 especies vivas
Homínidos[1] Rango fósil: 7-0 Millóns de anos | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Un Humano (Homo sapiens) e un Chimpancé (Pan troglodytes) | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Xénero | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
Esta clasificación ten sido revisada varias veces nas últimas décadas, o que levou a un uso variado da palabra "homínido"[2]. O significado orixinal de Hominidae referíase tan só ao significado moderno de Hominina: os "humanos ou especies máis achegadas ca os chimpancés". O significado do termo cambiou gradualmente, ata o significado moderno de "homínido", que inclúe a tódolos grandes simios.
Un amplo número de xéneros extintos están clasificados a canda os humanos na subfamilia Homininae, mentres que outros cos orangutáns na subfamilia Ponginae. O antecesor máis recente dos Hominidae viviu hai 14 millóns de anos[3], cando os orangutáns se especiaron dos antecesores dos outros tres xéneros[4] Os devanceiros da familia Hominidae xa se tiñan especiado a partir da familia de Hylobatidae, seguramente arredor de hai 15-20 millóns de anos atrás[4][5].