Hominini
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Hominini (homininos) son unha tribo taxonómica da subfamilia Homininae. Comprende tres subtribos: Hominina, co único xénero Homo; Australopithecina, que comprende varios xéneros extintos; e Panina, co único xénero Pan, os chimpancés (ver a árbore evolutiva máis abaixo).[3][4] Os membros do clado humano, é dicir, os Hominini, inclúen Homo, e as especies de australopitecinos que se orixinaron despois da separación dos chimpancés (compárense tamén os termos "homínidos" e homininos). Non todos os homininos están directamente relacionados co xurdimento dos primeiros Homo.[5]
Hominini Rango fósil: de 5,4 a 0 Ma | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cranio de Sahelanthropus tchadensis, descrito por algúns autores como o membro máis antigo da liña hominina,[1] pero isto é debatido por outros[2] | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||||||
Homo sapiens Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||||||||
Subtribo | |||||||||||||||||||||||
†Sahelanthropus |
A subtribo Hominina é a rama "humana"; é dicir, contén o xénero Homo exclusivamente. Os investigadores propuxeron o taxon Hominini baseándose en que as especies menos similares dunha tricotomía deberían estar separadas das outras dúas. O chimpancé común e o bonobo do xénero Pan son os parentes vivos evolutivamente máis próximos aos humanos, que comparten co home un antepasado común que viviu hai enre catro e sete millóns de anos.[6] Investigacións feitas por Mary-Claire King en 1973 encontraron un 99% de identidade no ADN entre os humanos e os chimpancés;[7] posteriores investigacións modificaron esta cifra ata o 94%, e algunhas das diferenzas aparecían no ADN non codificante.[8]