Hormona antimülleriana
From Wikipedia, the free encyclopedia
A hormona antimülleriana (AMH), tamén chamada factor inhibidor mülleriano (MIF), hormona inhibidora mülleriana (MIH), e substancia inhibidora mülleriana (MIS), é unha hormona proteica que, nos humanos, está codificada polo xene AMH.[1] Inhibe o desenvolvemento do conduto de Müller (conduto paramesonéfrico) no embrión masculino, cuxo nome procede do investigador Johannes Peter Müller.[2]
Hormona antimülleriana | |
Identificadores | |
Símbolo | AMH |
Entrez | 268 |
HUGO | 464 |
OMIM | |
RefSeq | NM_000479 |
UniProt | P03971 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 19 p13.3 |
receptor da hormona antimülleriana, tipo II | |
Identificadores | |
Símbolo | AMHR2 |
Entrez | 269 |
HUGO | 465 |
OMIM | |
RefSeq | NM_020547 |
UniProt | Q16671 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 12 q13 |
A AMH está presente nos peixes, réptiles, aves, e mamíferos marsupiais e placentarios.
A AMH segrégana as células de Sertoli dos testículos durante a embrioxénese dos fetos masculinos.