Parathormona
hormona segregada pola glándula paratiroide que actúa incrementando a concentración de calcio no sangue / From Wikipedia, the free encyclopedia
A parathormona (PTH) ou hormona paratiroide é unha hormona peptídica de 84 aminoácidos segregada polas células principais da glándula paratiroide, que actúa incrementando a concentración de calcio (Ca2+) no sangue (efecto oposto ao da hormona calcitonina da tiroide, que fai decrecer a concentración de calcio). A PTH incrementa a concentración de calcio sanguínea actuando sobre o receptor da hormona paratiroide 1 (abundante no óso e riles) e sobre o receptor da hormona paratiroide 2 (abundante no sistema nervioso central, páncreas, testículos, e placenta). A vida media da PTH no organismo é de aproximadamente 4 minutos.[1] Ten unha masa molecular de 9,4 kDa.[2]