Hotel Ryugyong
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Hotel Ryugyong (en chosŏn'gŭl, 류경려관; en hancha, 柳京旅館; McCune-Reischauer, Ryugyŏng Ryŏgwan; en hangul, 유경호텔; romanización revisada do coreano, Ryugyeong Hotel) é un rañaceos pendente de inauguración situado en Pyongyang, a capital de Corea do Norte.[4] O edificio tamén é coñecido como Edificio 105, debido ao número de plantas que ten. A súa construción remóntase ao ano 1987, pero detívose en 1992 debido a que o país entrou nunha época de crise despois da disolución da Unión Soviética.[3][1]
Hotel Ryugyong | |
---|---|
Edificio | |
Tipo | Rañaceos |
Custo | US$ 750 mill.[1] |
Localización | Pionyang (Corea do Norte) |
Coordenadas | 39°02′12″N 125°43′51″L |
Uso(s) | Hotel |
Construción | |
Inicio | 1987[2] |
Construción | 1987-2013[3] |
Dimensións | |
Altura | 330,02[3] m |
Diámetro | 159,98[3] m |
Superficie | 360 000 m2 |
Altura da azotea | 330,02[3] m |
Plantas | 105[3] |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Baikdoosan Architects & Engineers[2] |
Contratista | Baikdoosan Architects & Engineers (1987-1992) Orascom Telecom (2008-2011) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pasado o ano 1992, o rañaceos alcanzou o tope, pero sen xanelas e sen acondicionamento interior. A obra proseguiu en 2008 e rematouse definitivamente en 2011, cando se acabou de acristalar o exterior. A apertura ao público programouse sucesivas veces, pero foise pospondo. Por mor diso, o edificio foi utilizado como obxecto de burla e mofa pola prensa estranxeira, referíndose a el como «O peor edificio do mundo» e «O hotel da fatalidade», entre outras denominacións.[1]