From Wikipedia, the free encyclopedia
Hugo Pratt (Ugo Eugenio Prat) foi un debuxante de banda deseñada italiano, creador do aventureiro Corto Maltés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (it) Ugo Eugenio Prat 15 de xuño de 1927 Rimini, Italia |
Morte | 20 de agosto de 1995 (68 anos) Pully, Suíza (pt) |
Causa da morte | Cancro colorrectal |
Lugar de sepultura | Grandvaux (en) |
Datos persoais | |
Residencia | Grandvaux (en) (1984–1995) |
País de nacionalidade | Italia |
Actividade | |
Campo de traballo | Historieta e Escrita creativa e profesional |
Ocupación | artista de banda deseñada |
Alumnos | Alfonso Font (en) |
Pseudónimo literario | Hugo Pratt |
Lingua | Lingua italiana |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios
| |
Naceu en Rímini, Italia o 15 de xuño de 1927, pero criouse e estudou en Venecia. En 1937 marchou coa súa nai a Abisinia, colonia italiana na actual Etiopía, onde o seu pai era funcionario. Con trece anos alistouse como voluntario no Batallón Autónomo da Policía da África Italiana. Con 17 anos regresa a Italia. Nese momento xa é un apaixonado da banda deseñada norteamericana. Funda conxuntamente con Ongaro, Faustinelli e Battaglia o "Grupo de Venecia" para realizar historietas ao estilo americano. Debutou no ano 1945 publicando a súa primeira historieta Asso di Picche (As de Picas). En 1950 o grupo viaxa á Arxentina contratado pola Editorial Abril.
Na Arxentina vai ser onde cre as súas personaxes Sarxento Kirk (1953) e Ernie Pike (1956). En 1959 fai a súa primeira historieta integral Ann e Dan (ou Ana da Xungla), á que segue Capitán Cormorant (1962) e Wheeling (1962). Volta a Italia no 1963, onde en 1967 comeza a saga d´A balada do Mar Salgado, onde aparece por primeira vez o aventureiro Corto Maltés, a súa personaxe mais coñecida. No 1969 crea Os Escorpións do Deserto, saga que narra as aventuras e desventuras do tenente(ascendido a capitán e logo a maior) polaco Koinski pertencente a seción dos Escorpións do Deserto integrada no Exército do Nilo que actuou na África de 1940 durante a segunda guerra mundial. Entre o ano 1970 e 1973 comeza a publicar na revista francesa ¨Pif¨ os episodios das aventuras do Corto Maltés que serán as que lle dean o recoñecemento e a fama. Dos anos setenta ata principios dos noventa debuxará e escribirá as longas sagas do Corto (dende Corto Maltés en Siberia (1974) ata Mú (1988) ).
En todos os seus traballos pálpase a presenza dos grandes autores de aventuras aos que admiraba (Joseph Conrad, Hermann Melville, Stevenson, Kipling, Jack London, Antoine de Saint-Exupéry etc.).
Tanto Corto como Koinski e outros personaxes principais creados polo seu xenio caracterízanse por falar cos seus actos e ser moi parcos no uso das palabras. A mais os seus actos veñen determinados polos ideais individuais e non polos factores externos cunha forte tendencia antisistema, creando deste xeito antiheroes cuxos actos os converten en defensores dos débiles e da vida humana por riba de calquera outro valor.
Logo de vivir en Italia, Etiopía, Arxentina, Brasil e Francia, asentouse en Lausana, (Suíza) onde morreu o 20 de agosto de 1995.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.