A dos hidroidolinos (Hydroidolina) é unha subclase de cnidarios da clase dos hidrozoos.[1][2]

Máis información HidroidolinosHydroidolina, Clasificación científica ...
Hidroidolinos
Hydroidolina

Lámina de sifonóforos de Ernst Haeckel
en Kunstformen der Natur (1904)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Cnidaria
Clase: Hydrozoa
Subclase: Hydroidolina
Collins, 2000
Ordes
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto
Pechar
Hydra vulgaris

Inclúe as hidras, as hidromedusas e varios organismos mariños afíns, algúns dos cales (os pertencentes á familia dos milepóridos) que crecen en grandes e elegantes colonias de pólipos formadores de arrecifes coralinos, xa que son corais hermatípicos.

Comprende o groso dos parafiléticos "Hydroida", que foron unha das principais agrupacións da clase dos hidrozoos en clasificacións máis antigas. Inclúe, con todo, as colonias altamente avanzadas dos sifonóforos, que non foron incluídas nos "Hydroida".[3]

Nos hidroidolinos adoita predominar a fase de pólipo, e as colonias acostuman seren polimórficas e dioicas; todos os pólipos dunha colonia proveñen, por reprodución asexual (xemación), dun só pólipo proxenitor.

En moitos casos, as medusas non chegan a separarse da colonia, quedando reducidas a gonóforos ou esporosacos.

Taxonomía

Descrición

A subcalse foi descrita no ano 2000 polo zoólogo estadounidense Allen G. Collins,[1] no seu traballo "Towards understanding in the phylogenetic history of Hydrozoa: hypothesis testing with 18S gene sequence data", en C. E. Mills, F. Boero, A. Migotto & J. M. Gili, eds. "Trends in Hydrozoan Biology - IV". Sci. Mar. 64 Supl. 1: 5-22.

Sinónimos

Ademais de polo nome actualmente válido (2020), a subclase coñeceuse tamén polos sinónimos:[1]

Ordes

A sublcase subdivídese nas tres seguintes ordes:[1][2]

Galería

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.