IGK@
From Wikipedia, the free encyclopedia
O IGK@ ou locus kappa de inmunoglobulina[1] (tamén chamado IGK[2][3]) é unha rexión do cromosoma 2 humano que contén xenes que codifican a cadea lixeira kappa (κ) de anticorpos (ou inmunoglobulinas).[4]
Nos humanos a cadea κ está codificada polos segmentos xénicos V (variable), J (de acoplamento) e C (constante) desta rexión.[5] Estes xenes sofren a recombinación V(D)J para xerar un amplo repertorio de inmunoglobulinas.