Protocolo IPv4
protocolo usado entre dúas máquinas en rede para o encamiñamento dos datos / From Wikipedia, the free encyclopedia
IP é un acrónimo do inglés "Internet Protocol" (ou protocolo de Internet), que é un protocolo usado entre dúas máquinas en rede para encamiñamento dos datos.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
Os datos nunha rede IP envíanse en bloques referidos como paquetes ou datagramas (os termos son basicamente sinónimos no IP, sendo usados para os datos en diferentes lugares nas capas IP). En particular, no IP ningunha definición é necesaria antes de que o host tente enviar paquetes para un host co cal non se comunicou previamente.
O IP ofrece un servizo de datagramas non confiábel (tamén chamado de mellor esforzo); ou sexa, o paquete ven case sen garantías. O paquete pode chegar desordenado (comparado con outros paquetes enviados entre os mesmos hosts), tamén poden chegar duplicados, ou poden ser perdidos por enteiro. Se a aplicación precisa de confiabilidade, esta engádense na capa de transporte.
Os routers úsanse para reencamiñar datagramas IP a través das redes interconectadas na segunda capa. A falta de calquera garantía de entrega significa que o deseño da troca de paquetes faise de forma máis simplificada. (Note que se a rede cae, reordena ou doutra forma damnifica un gran número de paquetes, a performance observada polo usuario será pobre, logo a maioría dos elementos de rede tentan arduamente non facer este tipo de cousas - mellor esforzo. Con todo, un erro ocasional non irá producir ningún efecto notábel.)
O IP é o elemento común atopado en Internet pública dos días de hoxe. É descrito no RFC 791 da IETF, que foi pola primeira vez publicado en setembro de 1981. Este documento describe o protocolo da capa de rede máis popular e actualmente en uso. Esta versión do protocolo designase de versión 4, ou IPv4. O IPv6 ten enderezo de orixe e destino de 128 bits, ofrecendo máis enderezos que os 32 bits do IPv4.