cover image

Organización Internacional para a Estandarización

organización internacional para a elaboración de estándares e normas / From Wikipedia, the free encyclopedia

A Organización Internacional para a Estandarización (coñecida como ISO) é unha organización non gobernamental composta por diferentes representantes de organismos de normalización de 162 países[1]. Fundouse o 23 de febreiro de 1947 en Xenebra, onde está a súa sede central, a súa función é a elaboración de estándares e normas internacionais para todos os campos da industria e o comercio.

Quick facts: Organización Internacional para a Estandariza...
Organización Internacional para a Estandarización
TipoOrganización de estándares e organización non gobernamental internacional
Data de fundación23 de febreiro de 1947
Nº de membros165 (2021)
Organización subsidiariaISO/IEC JTC 1 e sen etiquetar
SedeXenebra
Na rede
https://www.iso.org/
[ editar datos en Wikidata ]
Close

A organización publica moitos tipos de normas, como agora as técnicas (por exemplo sobre MP3 ou tarxetas telefónicas), de clasificación (por exemplo os códigos dos países) ou estándares de procedementos (por exemplo a ISO 9000 sobre xestión da calidade).