Igrexa ortodoxa rusa fóra de Rusia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Igrexa ortodoxa rusa fóra de Rusia (en ruso: Русская Православная Церковь Заграницей, Russkaia Pravoslavnaia Tserkov Zagranitsei, inglés: Russian Orthodox Church Outside of Russia) é unha parte semiautónoma da Igrexa ortodoxa rusa, formada como resposta ás políticas bolxeviques relativas á relixión pouco despois da revolución rusa de 1917. Ten arredor de 400.000 fieis.[Cómpre referencia]
Datos rápidos Historia, Fundación ...
Igrexa ortodoxa rusa fóra de Rusia | |
---|---|
Historia | |
Fundación | 1920 |
Goberno | |
Patriarca | Cirilo I |
Metropolita | Nicolao Olkhovski |
Demografía e cultura | |
Ritos litúrxicos | Bizantino |
Outros datos | |
Páxina web | www.russianorthodoxchurch.ws |
Pechar
Logo de décadas de separación, restaurou o vínculo canónico coa sinatura dunha acta de comuñón co patriarcado de Moscova o 17 de maio de 2007. Dende entón, o primado da Igrexa é o patriarca de Moscova.