Illa Howland
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Illa Howland é un atol deshabitado situado xusto ao norte do ecuador, no océano Pacífico, ao redor de 3.100 km ao suroeste de Honolulu.
Máis información Howland, Vista da illa ...
Howland | |
---|---|
Vista da illa | |
Datos | |
Capital | |
País | Estados Unidos de América |
Localización | Océano Pacífico |
Arquipélago | Illas Fénix |
Linguas | |
Poboación (2009) | Deshabitada |
Superficie | 1´84 km² |
Densidade | |
Coordenadas | 0°48′07″N 176°38′3″O |
Maior Altura | 6 m. |
Localización | |
Pechar
Está a metade de camiño entre Hawai e Australia e é un territorio non incorporado e non organizado dos Estados Unidos.
A illa é agora unha reserva nacional de vida salvaxe, a "Howland Island National Wildlife Refuge", xestionada polo "U.S. Fish and Wildlife Service" como unha área insular baixo o Departamento do Interior dos Estados Unidos. O "Howland Island National Wildlife Refuge" consiste nos 1,84 km² da illa e os 129,80 km² de terra mergullada que a rodean.
A illa non ten actividade económica. O seu defensa é responsabilidade dos EEUU e é visitada anualmente pola Garda Costeira dos EEUU.