From Wikipedia, the free encyclopedia
A Illa Manra (tamén coñecida como Illa Sidney) é unha illa do grupo de illas Fénix, pertencentes á República de Kiribati. En 1938, foi unha das illas involucradas no plan de colonización británico denominado Proxecto de Colonización das Illas Fénix.
Manra | |
---|---|
Datos | |
País | Kiribati |
Illa principal | |
Linguas | |
Poboación (2009) | Deshabitada |
Superficie | 4´4 km² |
Superficie lagoa | km² |
Nº de illas | |
Coordenadas | 4°27′S 171°16′O |
Maior Altura | 6 m. |
Localización | |
A illa ten forma triangular cunha superficie total de 4,4 km ². É un antigo atol coa lagoa interior sen ningunha canle de saída ao mar. Isto fai que a auga se evapore e resulte unha lagoa moi salgada por baixo do nivel do mar, sen vida mariña. Nos arrecifes, en cambio, a fauna é moi diversa. En terra abundan porcos domésticos en estado salvaxe, ratas, lagartas, cangrexos e insectos. Está deshabitada.
Atópanse antigas ruínas polinesias. Foi descuberta, en 1823, polo capitán Emment do baleeiro inglés Sydney Packet e chamouna Sydney Island. Reclamada polos intereses norteamericanos sobre o guano, parece que non chegou a ser explotada. Foi declarada unha reserva natural de aves en 1938, e unha reserva natural de vida salvaxe en 1975.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.