Illa de San Martiño
illa no mar Caribe / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Illa de San Martiño (Saint-Martin en francés, Sint Maarten en neerlandés) é unha illa situada no mar Caribe, aproximadamente a 240 km ao leste da illa de Porto Rico. Ten 98 km² de superficie, e en 2009 tiña 77.741 habitantes.
- Para a illa situada na ría do Barqueiro, vexa Illa de San Martiño, O Vicedo
- Para a illa situada no río Iguazú, vexa Illa de San Martín
Datos rápidos Nomeado en referencia a, Localización ...
Saint-Martin (fr) | |||||
Nomeado en referencia a | Martiño de Tours | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Francia | ||||
Colectividade | Saint-Martin | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 72.239 (2014) (830,33 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 87 km² | ||||
Medición | 13,3 () × 14,3 () km | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 424 m | ||||
Punto máis alto | Pic Paradis (en) (424 m) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Pechar
Está dividida territorialmente en dúas metades: a parte sur pertence ás Antillas Neerlandesas (denominada Sint Maarten), mentres que a parte norte é a colectividade de ultramar francesa de Saint Martín, constituída en 2007 logo da súa secesión do departamento de ultramar de Guadalupe.
Colectivamente, ambos os territorios son coñecidos como St. Martin/St. Maarten ou St. Martins. As principais cidades son Marigot, no lado francés, e Philipsburg, no lado neerlandés.