Illas Eolias
From Wikipedia, the free encyclopedia
As illas Eolias ou Eólicas (Isole Eolie en italiano) constitúen un arquipélago volcánico no Mar Tirreno, preto da costa nordeste de Sicilia. O seu nome provén de Eolo, señor do vento.[1] Foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 2000. A illa máis grande é Lipari, razón pola cal coñécese tamén ao arquipélago como illas Lipari. As outras illas son Vulcano, Salina, Stromboli, Filicudi, Alicudi, Panarea e Basiluzzo.
Isole Eolie (it) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Italia | ||||
Rexión con estatuto especial | Sicilia | ||||
Former province of Italy (en) | Provincia de Messina | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 15.419 (2019) (134,43 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 114,7 km² | ||||
Bañado por | Mar Tirreno | ||||
Altitude | 926 m | ||||
Punto máis alto | Monte Fossa delle Felci (en) (962 m) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Patrimonio da Humanidade | |||||
Tipo | Patrimonio natural → Europa-América do Norte | ||||
Data | 2000 (24ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (viii) | ||||
Identificador | 908 | ||||
As Eolias gardan unha curiosa relación cos astros: están dispostas en forma de E, como as estrelas do cinto da constelación de Orión. Vulcano áchase na extremidade inferior, Alicudi e Stromboli nos extremos superiores, ao oeste e ao leste respectivamente. A cidade máis grande é Lípari, situada na illa do mesmo nome. Acolle ao redor de 11.000 habitantes.