Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur
From Wikipedia, the free encyclopedia
As illas Xeorxias do Sur e Sandwich do Sur[Cómpre referencia] (South Georgia and the South Sandwich Islands ou SGSSI, en inglés) é un Territorio Británico de Ultramar no sur do océano Atlántico. É unha colección remota e inhóspita de illas, formada por Xeorxia do Sur e unha cadea de illas máis pequenas coñecidas como illas Sandwich do Sur. Xeorxia do Sur ten 165 km. de longo e 35 km. de ancho e é, con diferenza, a illa máis grande do territorio. As illas Sandwich do Sur atópanse a uns 700 km. ao sueste de Xeorxia do Sur. A superficie total do territorio é de 3903 km².[1] As Illas Malvinas están a uns 1300 km. ao oeste do seu punto máis próximo.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
South Georgia and the South Sandwich Islands (en) | |||||
Himno | God Save the King | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Leo Terram Propriam Protegat» | ||||
Localización | |||||
| |||||
Territorio reivindicado por | Reino Unido Arxentina | ||||
Estado | Reino Unido | ||||
Designación para unha entitade territorial administrativa dun país particular | territorio Británico de Ultramar | ||||
Capital | King Edward Point (2010–) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 35 (2019) (0,01 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 4.066 km² | ||||
Punto máis alto | Monte Paget (pt) (2.934 m) | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Nigel Haywood (pt) | ||||
Órgano lexislativo | sen valor , | ||||
Moeda | libra esterlina | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .gs | ||||
Prefixo telefónico | +500 | ||||
Teléfono de emerxencia | 999 | ||||
Código de país | GS | ||||
As illas Sandwich do Sur están deshabitadas, e unha poboación non permanente moi pequena reside en Xeorxia do Sur.[2] Os únicos habitantes son os científicos do British Antarctic Survey que manteñen unha base en King Edward Point, a capital e outra base na illa Bird na que residen 4 biólogos. O conservador do museo de Grytviken e a súa esposa son os únicos habitantes permanentes da rexión, xunto co maxistrado británico e a súa familia. Non hai voos de pasaxeiros programados nin ferries cara ou desde o territorio, aínda que as visitas de cruceiros a Xeorxia do Sur son cada vez máis populares, con varios miles de visitantes cada verán.
O Reino Unido reclamou a soberanía sobre Xeorxia do Sur en 1775 e as Illas Sandwich do Sur en 1908. O territorio de "South Georgia and the South Sandwich Islands" formouse en 1985,[3] previamente foi gobernado como xurisdición dependente das illas Malvinas. A Arxentina reclamou Xeorxia do Sur en 1927 e reclamou as Illas Sandwich do Sur en 1938.
A Arxentina mantivo unha estación naval, Corbeta Uruguay, na illa Thule nas illas Sandwich do Sur desde 1976 ata 1982 cando foi pechada pola Mariña Real. A reivindicación arxentina sobre Xeorxia do Sur contribuíu á Guerra das Malvinas de 1982, durante a cal as forzas arxentinas ocuparon brevemente a illa. Arxentina segue reclamando a soberanía sobre Xeorxia do Sur e as Illas Sandwich do Sur como parte da Terra do Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur.
A merluza negra é vital para a economía das illas, como resultado, o Día da merluza negra celébrase o 4 de setembro como día festivo no territorio.[4]