Illas do Grande Estanque de Marsala
From Wikipedia, the free encyclopedia
As illas do Grande Estanque de Marsala («Isole dello Stagnone di Marsala») son un pequeno grupo de illas do Mediterráneo, localizadas moi próximas á costa occidental de Sicilia, no municipio de Marsala (Provincia de Trapani). En italiano «stagno» significa estanque e «stagnone», grande estanque. E é debido a que a Illa Grande forma, no tramo de mar entre o Cabo de San Teodoro e o Cabo Boeo (o Lilybaeum), unha especie de gran lagoa de augas superficiais (de 1 a 2 m de profundidade aínda que nalgunhas zonas apenas chega aos 50 cm), a maior lagoa siciliana, cunhas 2.000 hectáreas, na que se localizan as outras catro illas de San Pantaleón (Mozia), Illa Grande, La Schola e Santa Maria.
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2018.) |
A lagoa formouse en tempos relativamente recentes (non existía no momento da colonización fenicia de Mozia), tras o movemento de area debido ao actual porto se creou a Illa Grande, por acumulación ao redor de dous antigos illotes. A creación dunha parte resgardada do mar aberto, sen correntes, converteu o mar en auga estancada, cunha temperatura por encima da normal. A actividade principal de Stagnone foi a dunha salina, coa evaporación da auga canalizada en estanques especiais para, a continuación, recoller o sal. O bombeo de auga e a moenda do sal leváronse a cabo mediante muíños de vento, con algúns deles aínda conservados.
As illas, desde o ano 1984 forman parte da «Riserva naturale regionale delle Isole dello Stagnone di Marsala».