Illas maiores da Sonda
From Wikipedia, the free encyclopedia
As illas maiores da Sonda son un grupo de illas na parte occidental do Arquipélago Malaio. As illas no grupo inclúen Borneo, Xava, Célebes e Sumatra. O grupo está dividido politicamente entre Brunei, Indonesia e Malaisia. Xunto coas illas menores da Sonda, ao leste, conforman as illas da Sonda.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |