Imán
obxecto que posúe un campo magnético / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un imán[1] é un obxecto que posúe un campo magnético, dentro do cal exerce unha forza de atracción ou repulsión sobre outros imáns e sobre certos metais. O seu magnetismo explícase por causa das pequena correntes eléctricas que se dan no interior da materia, producidas debido ao movemento dos electróns nos átomos, dando cada unha orixe a un xeito de "imán microscópico". No imán, cada unha desta polaridades está aliñada coas outras, sumando as súas propiedades[2].
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Imán (relixión).