Imperio Bizantino
Estado de Eurasia herdeiro do Imperio romano / From Wikipedia, the free encyclopedia
Imperium Romanum (la) Βασιλεία Ῥωμαίων (grc) Romania (la) Ῥωμανία (grc) | |||||
Nomeado en referencia a | Constantinopla | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Constantinopla (330 (Gregoriano)–1453) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 17.000.000 (300) | ||||
Lingua oficial | lingua grega lingua latina Grego medieval (pt) | ||||
Relixión | Cristianismo ortodoxo | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 17 de xaneiro de 395 | ||||
Disolución | 29 de maio de 1453 | ||||
Sucedido por | Emirado de Creta (pt) , Imperio Otomán, Ducado de Brescia e Maona de Quíos e Focea | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía absoluta Dominato (pt) | ||||
• Xefe de estado | Emperador bizantino | ||||
Moeda | Sólido | ||||
Βασιλεία Ῥωμαίων | ||
---|---|---|
(Emblema da Dinastía Paleólogo) Lema: Βασιλεὺς Βασιλέων | ||
Cronoloxía | ||
-667 | Fúndase a Antiga cidade de Bizancio (futura Constantinopla). | |
330 | Constantino fai de Constantinopla a capital. | |
395 | División permanente do Imperio Romano trala morte de Teodosio I. | |
527 |
Xustiniano I ascende a emperador. | |
532-537 |
Xustiniano I constrúe a Igrexa da Divina Sabedoría. | |
533-554 |
Os xenerais de Xustiniano I reconquistan África do Norte e Italia dos vándalos e ostrogodos. | |
568 | Os longobardos invaden Italia. | |
634-641 | Perda de Exipto, Siria e Palestina fronte aos árabes. Nas décadas seguintes toman a maior parte do Norte de África e despois conquistan Sicilia. | |
730-787 813-843 |
Controversias iconoclastas resultan na perda da maioría dos territorios italianos do Imperio xunto con algúns territorios no sur. | |
1054 | A Igrexa de Constantinopla sepárase da Igrexa de Roma. | |
1071 | Batalla de Manzikert. A maior parte de Asia Menor pérdese. Os normandos conquistan os últimos enclaves bizantinos en Italia. | |
1204 | Toma de Constantinopla polos Cruzados. Créase o Imperio Latino. | |
1261 | Miguel VIII Paleólogo, emperador bizantino do Imperio de Nicea, libera Constantinopla. | |
1453 | Constantinopla é conquistada polos turcos otománs |
O Imperio Bizantino (chamado tamén, Imperio Romano de Oriente) foi un imperio cristián medieval de cultura grega cuxa capital estaba en Constantinopla ou Bizancio (actual Istambul). Abarcaba todo o Mediterráneo oriental, pero co tempo foi sufrindo importantes reducións territoriais.
Non hai un consenso xeral en canto á data de inicio do Imperio Bizantino. Para algúns autores a data clave é a fundación de Constantinopla no ano 330, en tanto que outros estudosos consideran como acta de nacemento do Imperio Bizantino a morte de Teodosio I, en 395, cando o Imperio Romano foi definitivamente dividido en dúas metades, oriental e occidental. Outros pensan que pode falarse con propiedade de Imperio Bizantino a partir do momento en que foi deposto o último emperador romano de Occidente, Rómulo Augústulo (476).
A desaparición do Imperio Romano de Oriente produciuse coa caída de Constantinopla en poder dos turcos otománs en 1453. Con todo, a desaparición do estado bizantino non acabou cos sentimentos nacionalistas do pobo, xa que os actuais habitantes de Grecia considéranse herdeiros da tradición bizantina.