Indutor
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un indutor, habitualmente chamado bobina, é un compoñente eléctrico pasivo que almacena enerxía debido á súa interacción nun campo magnético. Por comparación, un condensador almacena enerxía debido á súa interacción cun campo eléctrico, e un resistor non almacena enerxía, senón que a disipa por medio de calor.
- Para as moléculas indutoras da expresión xénica bacteriana ver indutor (bioloxía).
Calquera condutor ten indutancia. Un indutor está feito en xeral dun cable ou outro corpo condutor enrolado nunha bobina, para incrementar o seu campo magnético.
Cando varía o fluxo de corrente a través dun indutor, aparece un campo magnético asemade función do tempo no interior da bobina, inducindo unha voltaxe, de acordo coa Lei de Faraday-Lenz, que asemade fai que se opoña ó cambio na corrente que creou o campo magnético. Os indutores son un dos compoñentes básicos usados en electrónica cando a corrente e a voltaxe cambian co tempo, debido á característica dos indutores de retardar e reformar a evolución das correntes alternas.