Informática - Wikiwand
For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Informática.

Informática

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Cómpre substituír a sucesión de listaxes pola redacción de artigo enciclopédico. Por favor, vexa a lista de problemas indicados neste modelo e mellóreo de acordo coas indicacións. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde agosto de 2015)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2015.)
Nenos usando ordenadores en Bangladesh
Nenos usando ordenadores en Bangladesh

A informática é a disciplina que estuda o tratamento automático da información empregando dispositivos electrónicos e sistemas computacionais. Informática é un termo proveniente do francés informatique, acuñado polo enxeñeiro Philippe Dreyfus en 1962.

Na informática converxen os fundamentos das ciencias da computación, a programación e as metodoloxías para o desenvolvemento de software, así coma determinados temas de electrónica.

Historia da informática

ENIAC.
ENIAC.
Artigo principal: Historia da informática.

A historia da informática é maior cá historia do hardware de computación e das computadoras actuais, e inclúe a historia de métodos desenvolvidos para usar con lapis e papel ou con xiz e encerado, con ou sen a axuda de táboas.

A computación está intimamente ligada á representación de números. Pero moito antes de que chegaran abstraccións como número, había conceptos numéricos que servían ós propósitos da civilización. Estes conceptos inclúen a correspondencia un a un (a base de contar), a comparación cun estándar (usado para facer medidas), e o triángulo rectángulo (usado para comprobar os ángulos rectos).

A primeira ferramenta coñecida para realizar cálculos foi o ábaco e pénsase que foi inventado en Babilonia circa 2400 A.d.C. Orixinalmente usábase debuxando liñas na area con pedras. Ábacos, cun deseño máis moderno, seguen usándose como ferramentas de cálculo hoxe en día. Este foi o primeiro computador coñecido e o sistema de cálculo máis avanzado dispoñible naquela época, precedendo ós métodos gregos en 2000 anos.

Os ordenadores non son un invento de alguén concreto, senón o resultado de ideas e traballos de moitas persoas relacionadas coa electrónica, a mecánica, os materiais semicondutores, a lóxica, a álxebra e a programación.

Ordenadores

Artigo principal: Ordenador.
Macintosh Classic (1990).
Macintosh Classic (1990).

O ordenador é unha máquina que realiza cálculos e controla operacións expresadas en termos lóxicos e numéricos. Os ordenadores son o máximo expoñente da informática actual, sendo as principais ferramentas da mesma.

Compoñentes e periféricos

Principais compañías informáticas

Asociacións informáticas galegas

Artigo principal: Asociación informática.

Aplicacións informáticas

Artigo principal: Aplicación informática.
Artigo principal: Software.

Unha aplicación informática ou programa software é un conxunto de instrucións que se lle dan a un sistema informático para realizar un conxunto de tarefas determinado. Existen moitos tipos de aplicacións informáticas que serven para un gran número de tarefas, coma o deseño gráfico, a navegación por Internet, tarefas ofimáticas etc.

Sistemas Operativos

Tux, mascota oficial de Linux
Tux, mascota oficial de Linux
Artigo principal: Sistema operativo.

Un sistema operativo é o programa informático que realiza tarefas básicas dos ordenadores para o seu uso e para facilitar o uso doutras aplicacións. Un sistema operativo proporciona a interface de usuario co ordenador, administra os dispositivos hardware, administra e mantén os sistemas de ficheiros e xestiona as chamadas ao sistema. Algúns dos sistemas operativos máis usados son:

Bases de datos

OpenOffice.org Base, unha aplicación de base de datos
OpenOffice.org Base, unha aplicación de base de datos
Artigo principal: Base de datos.

As bases de datos son ficheiros informáticos que se empregan para preservar datos de xeito organizado e que permiten atopar esta información rapidamente cando sexa preciso. Algunhas das bases de datos máis usuais son:

Ofimática

OpenOffice.org, un procesador de texto
OpenOffice.org, un procesador de texto
Artigo principal: Ofimática.

A ofimática refírese ó software utilizado para o tratamento automatizado da información ligada ás tarefas propias dunha oficina. As aplicacións máis usuais son os procesadores de texto, follas de cálculo, presentacións etc. Algunhas das suites ofimáticas máis usuais son:

Internet

Artigo principal: Internet.

A Internet é uha rede informática de ámbito planetario, formada con ordenadores dispostos en subredes e que posibilita o intercambio de información. É a evolución da ARPANET, que pretendía poñer en comunicación ordenadores do exército norteamericano desenvolvido dende xaneiro de 1983 sobre o protocolo TCP/IP. Como medio de comunicación comezouse a xeneralizar nos países desenvolvidos a comezos dos anos 90.

Navegadores

Artigo principal: Navegador web.

Un navegador web é unha aplicación que permite ó usuario recuperar e visualizar documentos de hipertexto desde servidores web de todo o mundo a través de Internet. Esta rede de documentos chámase a World Wide Web. Algúns dos navegadores máis coñecidos son:

Correo Electrónico

Artigo principal: Correo electrónico.

Mensaxería Instantánea

Artigo principal: Mensaxería instantánea.
  • AIM
  • AMsN Messenger
  • GnomeMeeting
  • Google Talk
  • ICQ
  • MsN Messenger
  • Skype
  • Yahoo Messenger

Voz sobre IP (VOIP)

Artigo principal: Voz sobre IP.
  • Google Talk
  • Skype
  • VoIP Buster
  • WebPhone
  • Yahoo Messenger

Retoque fotográfico

Outros

Códecs de son e vídeo

Artigo principal: códec.

Formatos de ficheiros gráficos

Artigo principal: formato de ficheiro.

Mapa de bits

Vectoriais

Metaficheiros

  • WMF
  • PICT

Profesións relacionadas coa informática

En canto aos tipos de traballo e profesións relacionadas coa informática pódese destacar:

Sistemas de almacenamento

Sistemas de conexión de dispositivos

Sistemas de ficheiros

Artigo principal: sistema de ficheiros.

Véxase tamén

Ligazóns externas

{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Informática
Listen to this article